> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/empresas_explotadoras.md).

# Empresas explotadoras que «non saen do armario»

![](/files/-LAERDL10_wz3pzIMDDA)

## Empresas explotadoras que «non saen do armario»

Estar en contacto con empresas competidoras e sobre todo con aquelas que son máis colaborativas permíteme coñecer máis de preto as tecnoloxías que utilizan para ofrecer os seus produtos e servizos.\
É Software Libre, en maior ou menor medida, **usan Software Libre, pero non todas o din, «non queren saír do armario», aínda.**

![CC0 Creative Commons - https://pixabay.com/es/hacker-internet-tecnologia-1569744/](/files/-LAE_FjTkJBCIMPVPwAQ)

O ecosistema de Software Libre é moi variado. Hai xente que xera o código, son as persoas que desenvolven ese software; outras o traducen e adáptano á cultura de cada lugar, son as de localización (l10n); tamén hai xente que usa e reporta os erros para melloralo e sometelo a diferentes situacións, sería o equipo de calidade; outras persoas son de deseño e realizan eses grafos, iconas, ou debuxos que emprega o software; e así moita xente máis.\
En xeral son persoas, particulares que se reúnen periódicamente para facer esas «quedadas» tan importantes onde intercambian as súas vivencias, póñense cara e proxectan o futuro dunha ferramenta pola simple motivación de facer algo mellor polo mundo e darllo libremente.

**Comparten coñecemento e non piden nada a cambio.**

Este ecosistema tamén ten as súas necesidades, é xente que come, algunha ten familia e sobre todo gústalle moito o Software Libre e encantaríalle vivir diso. Son persoas que **aman o que fan**. Táchaselles de« anti-sistema», porque non entenden o mundo capitalista estándar…

**Hai dúas cousas que unen ás empresas explotadoras e á Comunidade de Software Libre: o código fonte e o diñeiro.**\
Iso si, cada unha cun enfoque antagonista pero ó fin e ó cabo ambas necesitan deles para subsistir.

![CC0 Creative Commons - https://pixabay.com/es/p%C3%A1gina-web-htlm-c%C3%B3digo-programaci%C3%B3n-2341973/](/files/-LAE_WEFFZuFs3oUkTPT)

As empresas explotadoras, esas que utilizan o código e non o recoñecen, teñen karma negativo, non achegan nada á Comunidade pero lúcranse co Softlware Libre (para que logo digan que é gratis). Esta Comunidade á súa vez peca de hippie e de facer as cousas polo «ben común» cando debería ser máis esixente co uso que se fai dos seus desenvolvementos.

**As empresas son as que xeran riqueza, pero esta debe estar ben dirixida cara á Comunidade de Software Libre que é a que xera os recursos que son explotados.**

Como mellorar o karma das empresas?\
De moitas maneiras. Desde que simplemente patrocinen eventos de Software Libre (non de Open Source, a secas) ata que contraten a esas persoas da Comunidade que aman o traballo desinteresado que realizan.\
O talento escasea e a demanda é moi alta. Ter no equipo a esas persoas que gozan co que fan é **o mellor regalo que se lle pode facer á Comunidade de Software Libre.**

Carlos Rodríguez García\
**Presidente de AGASOL**\
**<presidencia@agasol.gal>**

### [Seguinte artigo](/xeracion-gnu-00/xornadas_usuarios_r.md)
