> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/editorial.md).

# Editorial

## Editorial

![](/files/-LAeGxiL0QkVJFOx-Auq)

### [Pulsar para acceder ó contido editorial en formato de son mp3](https://www.ivoox.com/25539903)

### [Pulsar para acceder ó contido editorial en formato de son ogg](https://ia800105.us.archive.org/21/items/xeraciongnu-00/Editorial-Xeracion-GNU-00-gl.ogg)

### Editorial en formato texto

**Xeración Ñu** nace coa idea de dar a coñecer e profundizar no mundo da cultura libre galega, tratando temas relacionados con este concepto, como son:\
o software libre, o hardware libre, contidos baixo licenzas Creative Commons, e sen olvidarse das persoas e grupos que traballan e colaboran nestes campos.

**Xeración Ñu** é unha publicación dixital, pero sobre todo punto de encontro de persoas con ganas de dar a coñecer estes mundos libres, e con inquietudes diversas como son a música, a fotografía, a pintura, a creación audiovisual, o mundo empresarial, a programación, a robótica e un longo etcétera.

Os contidos de Xeración Ñu están liberados coa licenza libre Creative Commons Atribución - Compartir Igual, polo que sodes libres de utilizalos para o que vos pete, mencionando sempre a autoría e publicando a nova obra baixo o mesmo tipo de licenza.

Neste número 0 a modo de presentación, atoparemos unha breve historia sobre o movemento GNU, analizamos o mundo empresarial que usa software libre, coñecemos o evento máis importante galego relacionado coa linguaxe de programación R, investigamos cal é a mellor licenza libre para os programadores.\
Coñecemos un podcaster que difunde a cultura libre, aprendemos sobre o xogo Go, empezamos unha serie de artigos para liberar o teu smartphone e outra serie sobre edición de son en linux, liberamos varias obras fotográficas e artísticas e o máis importante, empezamos a coñecer o fantástico equipo de redactores que está detrás de **Xeración Ñu**.

Editor J.L.

### [Artigos](/xeracion-gnu-00/sumario.md)

![](/files/-LAeDMx5WHQ1XZ5LU0O8)

![](/files/-LAePVtdIhx0qZuAS9rW)
