> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/persoas-que-difunden-a-cultura-libre-juan-febles.md).

# Persoas que difunden a cultura libre, Juan Febles

![](/files/-LAEjlVFMal1l5cErM1o)

## Persoas que difunden a cultura libre, Juan Febles

Neste caso falamos de Juan Febles.

![Juan Febles](/files/-LAEkdS7qN3cHY4mZfCw)

Juan defínese no seu [perfil de twitter](https://twitter.com/juan__febles) como Profesor de Apoio, trailrunner, linuxero e podcaster. Amante das boas series e películas que fagan pensar.

### Podcasting

Como podcaster, está metido e colabora en diferentes proxectos:

\- Ten un podcast propio chamado [Podcast Linux](http://podcastlinux.gitlab.io/), onde nos regala contidos pensados para os usuarios domésticos de GNU/Linux que non necesitan ter grandes coñecementos técnicos para entender do que se está a falar, entrevista a xente relacionado co mundo do software e hardware libre e onde tamén fala de moitos proxectos interesantes relacionados coa cultura libre, como pode ser Wikimedia.

![](/files/-LAEl4JYu0If4t4eb6g-)

Nos últimos meses tamén lle deu por probar hardware, e ten varias reviews sobre ordenadores da marca SlimBook e Vant. Estas marcas traen instaladas e probadas nos seus equipos distribucións gnu/linux, co cal son unha boa opción para un linuxero ;)

![](/files/-LAElI8WRU2FpP4iAwdt)

![](/files/-LAElEcxC7gmE5U-5IBF)

Podes atopar os seus podcasts na sua [web](http://podcastlinux.gitlab.io/), en [AVPodcast](https://avpodcast.net/podcastlinux/) e en [archive.org](https://archive.org/details/@podcast_linux) sempre baixo o nome de Podcast Linux. E tamén a través do feed de subscrición: <https://feedpress.me/podcastlinux>

\- Iniciou e forma parte tamén dun proxecto que me gusta especialmente como é o [Maratón Linuxero](https://maratonlinuxero.org/), Proxecto colaborativo de emisións en directo a través de Software Libre. Proxecto que empezou no ano 2017 e no que moita xente de diferentes países de fala hispana estamos a colaborar.

![](/files/-LAEllm68YTNTRtbvpAZ)

É unha gozada escoitar nas súas emisións, unha gran variedade de acentos hispanos de todo o mundo.

### Videotutoriais

Juan Febles tamén aporta coñecemento á comunidade a través dos seus videotutoriais que ten aloxados tanto na súa canle de [YouTube Podcast Linux](https://www.youtube.com/channel/UCQq5zDbICax1W6UiNf71RoA/feed) como en [archive.org Podcast Linux](https://archive.org/details/@podcast_linux).

![](/files/-LAEm2IiRb5W0RcJ6Z5g)

Todos os seus vídeos son interesanes, pero quixera destacar especialmente:

\- [Curso de audacity](https://www.youtube.com/watch?v=GlvLiol6iN8), ferramenta de software libre para a gravación e edición de son.

\- [Curso de podcasting](https://www.youtube.com/watch?v=a6dCJpjLH3Q\&t=10s), (nótase moito que tiro polo podcasting?jeje). Un curso completo onde aprender a facer podcasting con recursos e ferramentas libres.

\- [Minino: a distro lixeira e perfecta para equipos antigos](https://www.youtube.com/watch?v=XMSlvByfsJk\&t=35s).

### Grupos e canais de Telegram

A Juan Febles podemos atopalo en diferentes grupos e canais de Telegram, sempre aportando, colaborando e animando á xente a involucrarse na cultura libre:

\- Canal de Podcast Linux: <https://telegram.me/podcastlinux>

![](/files/-LAEmRYgPt_VOSOC0W-l)

\- Grupo de Maratón Linuxero: <https://telegram.me/maratonlinuxero>

![](/files/-LAEmYIwRHQ5RXYdDb_P)

Para concluir, Juan Febles é un home involucrado na comunidade da cultura libre que non para de aportar e involucrarse en novos proxectos, pero o que máis destacaría del é a súa personalidade afable, sempre cun sorriso.

### Enlaces de interés

<https://twitter.com/juan__febles>\
<https://twitter.com/podcastlinux>\
<http://podcastlinux.gitlab.io/>\
<https://maratonlinuxero.org/>

### [Seguinte artigo](/xeracion-gnu-00/ready-steady....go.md)
